Os produtos agrícolas galegos non chegan aos nosos mercados mentres se inicia en Lugo o I Congreso de Agroecoloxía

Verde e inalcanzable

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os problemas de distribución impiden que a maior parte dos produtos agrarios galegos se distribúan no noso país, segundo sinala hoxe "La Voz de Galicia". Fernando González Laxe, catedrático de Economía e Francisco Sineiro, profesor de Economía Agraria, analizaron a problemática da distribución deste sector sinalando que a maior parte dos vexetais transformados que chegan aos nosos mercados proveñen do exterior. Ao tempo que coñecemos estes datos, en Lugo comeza o I Primeiro Congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica. Organizado pola Universidade de Santiago e mais a Asociación Española de Agricultura Ecolóxica, este evento quere ser a base para a elaboración dun Plan Estratéxico para a Agricultura Ecolóxica en Galicia.

Máis información en La Voz de Galicia, e no web da USC

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Economía, La Voz de Galicia, USC

Claves

Conceptos
Lugares