O Mapa do Ministerio de Agricultura asegura que un de cada tres galegos vive en zonas desfavorecidas

Datos con datos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Segundo o Ministerio de Agricultura, preto de 900.000 galegos viven en zonas consideradas desfavorecidas, entendendo como tales aos territorios dedicados á agricultura de montaña, con risco de despoboamento ou limitacións especificas. Pero non son os únicos datos relativos a Galicia que coñecemos esta fin de semana. O IGE fixo público un estudo sobre o uso do tempo no que asegura que os galegos dedican doce minutos máis que o resto do Estado ao fogar, é dicir, ás tarefas que van desde facer a comida até coidar aos nenos. Uns pícaros que, segundo se anunciou no Simposio Internacional da Hormona do Crecemento que se está a desenvolver en Santiago, xa equiparan a media de altura do resto do estado: 1,75 metros no caso dos homes e 1,64 no caso das mulleres.

Máis información sobre os datos de despoboamento en El Progreso, sobre o uso do tempo no Faro de Vigo e sobre a talla dos galegos en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Progreso, Mulleres, IGE, La Voz de Galicia...