Un estudio revela que a penetración de Internet nas cidades galegas é superior á media estatal

As cidades tecnolóxicas

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
A porcentaxe de penetración de internet dos fogares das principais cidades de Galicia é superior ao do resto das cidades do Estado. E a maior parte dos seus habitantes fano a través de R, o operador galego do cabo, aínda que Telefónica continúa a ser a empresa máis habitual nos fogares en telefonía fixa. Estes son os principais datos dun estudio realizado por Taylor Nelson Sofres sobre o mercado das telecomunicacións nas principais cidades galegas. Sen embargo, só inclúe ao 25% da poboación galega, quedando fóra destes resultados o mundo rural. O estudio, encargado por R, destaca ademais o bo equipamento tecnolóxico (ordenador, DVD, consola de videoxogos, vídeo...) dos fogares galegos.

Máis información en El Correo Gallego e consulta os web de R e Telefónica

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, DVD, El Correo Gallego, Medios de comunicación