Arousa acolle a rodaxe da longametraxe “Heroína”, inspirada na vida de Carme Avendaño

Heroes e heroínas

O pazo de Baión(Vilanova de Arousa), símbolo da loita contra o narcotráfico é hoxe o escenario da rodaxe de “Heroína”; a longametraxe producida por Tornasol Films e Continental que ten prevista a súa estrea para o 2005. A mesma data que “El pais de nomeacuerdo”, unha longametraxe documental elaborada pola produtora coruñesa de Anxo fernández, que narra a historia de Arxentina a partir da vida dun exiliado galego. Esta tarde o Pazo de Congresos e Exposición de Santiago acolle “Metaforum 2004”, que consiste na proxección dos traballo elaborado neste curso polos alumnos da Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia, a Egaci. E, por último, o pontevedrés Mario Iglesias foi o gañador do certame Notodopublifest que convoca Notodo.com, no que propuña un spot para o xornal El País.

Máis información sobre a rodaxe de Heroína no web de Continental; sobre “El País de nomeacuerdo” na revista dixital de Agapi e sobre o premio de Mario Iglesias en Notopublifest.com