O produtor Gerardo Herrero presenta en Madrid unha película sobre a vida de Carmen Avendaño

Heroína

21/5/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Hai vidas, por boas ou por complicadas, que son de película. A de Carmen Avendaño, unha nai galega que loitou contra o narcotráfico galego tras descubrir a adición do seu fillo ás drogas, estará en breve na gran pantalla. Interpretada por Adriana Ozores, coa participación de María Bouzas, Carlos Blanco e Javier Pereira foi presentada onte en Madrid. A película comezará a rodarse en Vigo o vindeiro 31, ten guión de Ángeles González Sinde e está coproducida por Tornasol Films e Continental.

Máis información no web de Continental

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Gerardo Herrero, Carlos Blanco, Guión...

Claves

Conceptos
Lugares