A película que conta a historia de Carme Avendaño comeza a rodaxe o vindeiro 31 en Vigo

Forum Avendaño

28/4/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Gerardo Herrero e Continental coproducen a película "Deixábase levar" que pretende levar ás pantallas a vida de Carme Avendaño. O proxecto comezará a rodarse nos barrios de Bouzas, Teis e no centro da cidade olívica a partir do vindeiro 31 de maio. As produtoras pretenden, ademais da película, facer un documental. E de documentais vai tamén o anuncio que o director de programación da canle Discovery Channel fixo onte en Barcelona. Alí, na presentación dunha produción sobre o cambio urbanístico da cidade condal, anunciou que completará a película feita sobre a catástrofe do Prestige centrándose agora na extracción do fuel.

Máis información no web de Continental e no web da cadea Discovery Channel

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Gerardo Herrero, Documental, Documentais...