As universidades galegas únense para captar alumnos de fóra que palíen a caída da matrícula

A unión fai a forza

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A matrícula das tres universidades galegas descendeu dos 100.000 aos 84.000 alumnos en menos de catro anos. E as previsións non son nada optimistas, polo que as tres institucións académicas, coordinadas pola Consellaría de Educación acaban de iniciar unha campaña de promoción para atraer aos mozos de Castela e León, Asturias e o Norte do Portugal. Entre as medidas adoptadas figura unha campaña en prensa e televisión neses ámbitos xeográficos, vallas publicitarias e unha páxina web. Polo demais, a USC acaba de renovar o sitio web buscando unha maior interacción cos seus usuarios.

Máis información en La Voz de Galicia , mira a nova web da USC e universidadesdegalicia.com

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Educación, Consellaría de Educación, La Voz de Galicia...