O sistema universitario perdeu preto de oito mil alumnos desde o curso pasado

Menos pero máis

Desde o curso pasado até hoxe matriculáronse 8.000 alumnos menos nas tres universidades que hai en Galicia. Sen embargo os datos non son tan negativos como parece por dous motivos. En primeiro lugar porque este ano coincide coa marcha dos alumnos que comezaron os seus estudos nos anos 1998 e 1999, que foi cando se rexistrou un maior ingreso universitario. E o segundo fenómeno é que este ano aumentou a matrícula dos alumnos de novo ingreso (en total uns 1.050 alumnos entre as tres universidades). Isto implica un cambio de tendencia para o sistema universitario galego que se rixe pola máxima de substituír a cantidade pola calidade. Nesta órbita se sitúa o novo plan de financiamento, que dotará economicamente ás universidades en función dos obxectivos de calidade que se acaden.

Máis información en La Voz de Galicia e La Opinión