A Xunta formará profesores de lingua para o León galegofalante

Galego fóra

O emprego do galego na franxa de Castela e León na que se fala o noso idioma verase potenciada pola formación de profesores que impartirán esta lingua en centros escolares da zona. A isto súmase a recente aprobación do galego como lingua oficial no concello de Veiga de Valcárcel, que xa foi contestada desde varios concellos da zona.

Profesores



O Conselleiro de Educación da Xunta e o seu equivalente en Castela e León, Javier Álvarez, asinaron onte un convenio polo que se compromenten a coordinarense para potenciar o ensino do galego na franxa de León e de Zamora que limita con Galicia e na que se fala esta lingua. En virtude deste convenio a xunta formará profesores que impartirán a lingua nesta zona. Deste xeito preténdese facer efectiva a proposición non de lei aprobada polas Cortes de Castela e León que apoian o ensino do galego nesta zona.












Polémica no Bierzo





Por outra banda, despois da recente oficialización do idioma galego no concello bercián de Veiga de Valcárcel da que informamos o luns, hoxe coñecéronse as reaccións de varios concellos da zona sinalando que non pensan adoptar medidas para potenciar esta lingua. Trátase dos concellos de Trabadelo, Balboa, Vilafranca e Corull, segundo informa hoxe Vieiros, que cita fontes de Bierzo Noticias e Diario de León. En Bierzo Noticias recóllense declaración do director Xeral de Administración Territorial da Junta de Castela e León nas que sinala que a decisión adoptada por Veiga de Valcárcel é ilegal e "non ten cabida no sistema xurídico español".