Fala Ceibe solicita no Parlamento Castelá que o galego sexa recoñecido como “lingua propia”

A proposta inclúe a creación dun Servizo Lingüístico Berciano

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

As Cortes de Castela e León están a tarbllar na Lei da Comerca dese territorio. Un feito que aproveitou a asociación Fala Ceibe do Bierzo para presentar unha proposta de emenda adicional apra que o texto recolla a existencia da lingua galega no bierzo e, ao tempo, sexa declarada “lingua propia”. Así o recolle hoxe Xornal de Galicia, onde se afirma que a proposta inclúe a creación dun Servizo Lingüístico Berciano para informar e asesorar no uso do galego. O colectivo denuncia tamén que nos últimos tempos se produciu unha perda de falantes na zona.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bierzo, Lingua galega, Cortes, Castela e León