Javi Prieto volve á carga desde o “Hotel Diablos”

Unha casa de mil demos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O debuxante coruñés Javier Prieto anuncia a miniserie aperiódica de catro números “Hotel Diablos”. Esta colección de terror, crime e misterio arranca cunha primeira entrega composta de dúas historias autoconclusivas, “Sicario” e “La deuda del Sr Tavoularis”. Hai anos que Prieto comezou a traballar neste proxecto autopublicado, aínda que ultimamente as súas creacións na novena arte centráronse nas publicacións “Cretino” e “Comikaze”. O autor di que “xa era hora de que publicara algo, levaba demasiado tempo desenganchado do cómic”. A BD, de 24 páxinas en branco e negro con capas a cor, pódese comprar por tres euros mediante xiro postal, ingreso ou enviando selos novos. O enderezo postal de contacto é Apdo 4010 A Coruña 15011 e o electrónico é hoteldiablos@hoteldiablos.com

Visita a páxina oficial de “Hotel Diablos” onde poderás ver mostras do proxecto e unha entrevista co debuxante

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares