A primeira novela do xornalista José Luis Alvite inaugura unha nova editorial galego-madrileña

Entre o Ézaro e Madrid

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A editorial Ézaro Ediciones presentouse en sociedade co libro “Historias del Savoy”, primeira novela do xornalista compostelán José Luis Alvite. Con esta obra comeza a andadura deste proxecto editorial que ten sedes en Galicia e Madrid e colle o seu nome dunha pequena enseada fisterrá. O libro de Alvite está prologado por Carlos Herrera e tamén ten un epílogo escrito por David Gislau. O cronista compostelán recrea nesta novela un mundo de personaxes e historias de novela negra a cabalo entre a ficción e a realidade, fiel ao seu coñecido estilo xornalístico.

Máis información en Europa Press

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Europa, Madrid

Claves

Lugares