A editorial Planet vén de sacar o prelo a primeira vesión en inglés das "Cousas" de Castelao, que leva o tÃtulo de "Things". Pola súa banda, a colección de teatro Pillado Mayor suma tres novos tÃtulos de Carvalho Calero, de António Ferreira e de Rosvita de Gandersheim.
Things
A versión inglesa das "Cousas" de Castelao vén de ser presentada ó público pola editorial galesa Planet. A traducción desta obra correu a cargo do equipo do Oxford Centre for Galician Studies do que forman parte Kirsty Hooper, Isabel Mancebo, Manuel Puga e Craig Patterson. Ademais dos textos e debuxos de Castelao, a obra inclúe unha introducción biobibliográfica sobre o autor. Esta edición foi xestionada pola editorial Galaxia para promover a divulgación da obra do ilustre galeguista. Con esa mesma intención publicouse na edtorial Empúries de Barcelona a versión en catalán do texto e prevese outra en asturiano.
Teatro
A Biblioteca Arquivo Pillado Mayor de teatro, promovida polo Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) en colaboración coa Universidade da Coruña, ven de recibir tres novos tÃtulos. As obras escolleitas foron os "Escritos sobre teatro" de Carvalho Calero, "Castro" de António Ferreira e "Obra dramática" de Rosvita de Gandersheim. Con estas novas incorporacións preténdese consolidar a colección e ter un catálogo de obras significativas da dramaturxia universal ademais de estudios e investigacijóns sobre o teatro. Os próximos tÃtulos previstos son "Ensaios de leitura" de José Oliveira e "La costurera d´aldea" de Manuel LugrÃs.