Vigo acolle esta fin de semana os actos da Marcha Mundial das Mulleres

Marcha feminina

Concertos, foros, debates, mobilizacións... até unha feira. Vigo encherase de actos festivos e reivindicativos durante toda a fin de semana con motivo da celebración da Marcha Mundial das Mulleres. Esta mobilización internacional escolleu Vigo para reivindicar os dereitos do xénero feminino. Entre os actos programados está un Foro de debate no que intervirán especialistas de toda Europa, unha Feira Feminista con diferentes espazos temáticos (saúde, medio, violencia de xénero ou pobreza, entre outros), exposicións e representacións teatrais, alén dun concerto que contará coa presenza de Uxía, Amparanoia, Mercedes Peón, Souad Massi e Tucanas.

Máis información en Vieiros e no web da Marcha