A celebración do Xacobeo... ¿estase convertendo nun produto de consumo ou mantén a esencia cultural e relixiosa?. Estas e outras cuestións son as que se pretenden responder nas xornadas “O Camiño de Santiago, Diversidade Cultura e Comunicación” que o Consello da Cultura Galega, a USC, A Asociación de Usuarios da Comunicación, a Dirección Xeral de Cooperación e Comunicación Cultural do Ministerio de Cultura e a Comisión Española da UNESCO organiza para os vindeiros 27 e 28 de maio. Unhas sesións nas que se pretende aproveitar a ruta xacobea para avanzar na creación dun espazo galego de comunicación. Ademais, os relatores ofrecerán, desde diferentes ángulos, a importancia de preservar a diversidade cultural fronte á precisa globalización tecnolóxica.
Máis información no web do Consello da Cultura Galega