Celso Currás recoñece que o galego goza de peor saúde que o castelán mentres alertan sobre o escaso emprego do noso idioma na USC

Síntomas na lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O conselleiro de Educación, Celso Currás, recoñeceu nunha entrevista á Televisión de Galicia que a lingua galega non goza dunha saúde tan boa coma o castelán aínda que sinalou que “se está a facer un esforzo moi grande por a potenciar”. O conselleiro apuntou que se fixeron grandes progresos para o idioma e advertiu que “de se tentar forzar” o proceso de normalización “o efecto que se podería producir sería o contrario”. Mentres, un estudo interno revelou que o 82,4% das clases que se imparten na Universidade de Santiago están en castelán, aínda que os membros da comunidade universitaria prefiren maioritariamente un modelo bilingüe con predominio do galego nesta institución.

Máis información na edición sobre a obra de Pedrayo en Galicia Hoxe e en O Cartafol

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Educación, Lingua galega, Televisión de Galicia...