A tertulia literaria do Consello da Cultura saca a debate o significado do Día das Letras

Letras a debate

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega celebra a súa tertulia mensual na biblioteca da súa sede no Pazo de Raxoi. O tema escollido nesta ocasión é "O significado do Día das Letras Galegas", e os convidados a participar serán Carlos Negro, escritor e secretario da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Xosé Antón Pedreira, libreiro e presidente da Agrupación de Libreiros de Santiago, e Pilar Sampedro, presidenta da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), mestra e asesora de formación. O escritor, editor e membro da Sección de Literatura do CCG, Miguel Anxo Fernán-Vello será o encargado de moderar o debate que comezará ás 17 horas. Esta é xa a cuarta tertulia do ciclo iniciado en febreiro pola Sección de Literatura que cumple coa súa intención de manter cada primeiro xoves de mes un encontro literario aberto.

Máis información das anteriores Tertulias

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Carlos Negro, Escritores, Lingua galega...