O escritor luso João de Melo abre un ciclo de conferencias sobre literatura portuguesa

Letras portuguesas

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
O escritor e agregado cultural da Embaixada de Portugal en España, João de Melo, reflexionará sobre a súa obra e a súa condición de escritor periférico o vindeiro xoves no Consello da Cultura Galega nunha conferencia que levará como título "Portugal, país con illas". O autor de libros como "Gente feliz com lágrimas" e "Antología do conto português" inaugura así un ciclo de conferencias, organizado pola Sección de Literatura e Industrias da Edición, que traerá á capital galega a relevantes escritores portugueses. O coordinador da Sección, Víctor F. Freixanes, será o encargado de presentar a conferencia que terá lugar no Salón de Actos do CCG, na sede do Pazo de Raxoi ás 19:00 horas.

Máis información no sitio doConsello da Cultura Galega

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Consello da Cultura Galega, Portugal, Escritores...