Jorge Coira presenta no festival de Málaga a súa primeira longametraxe

De Málaga a Santiago

27/4/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Este é “O ano da Carracha”. A primeira longametraxe do director lucense Jorge Coira xa está rematada e terá a súa presentación en sociedade o vindeiro 30 de abril no marco do festival de Málaga. Un festival no que tamén se presenta “Romasanta, A caza da besta” a produción de “Castelao Productions” baseada na lenda do lobishome de Allariz e “León e Olvido” dirixida por Xavier Bermúdez. Pero o audiovisual ten tamén outros proxectos a medio prazo: por un lado, o cineasta alemán, Hannes Störh ultima as localizacións para a película “One day in Europe (Galatasaray-Dépor)” que comezará a rodar no verán e, por outro lado, Xosé Neira Vilas confirmou que un cineasta galego residente en Madrid, Ismael González, dirixirá a versión cinematográfica de “Memorias dun neno labrego”.

Máis información sobre o Festival de Málaga no seu web; consulta a ficha de O ano da Carracha, máis información sobre Romasanta na nosa hemeroteca e a confirmación de Neira Vilas en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Málaga, Jorge Coira, Culturagalega, Xavier Bermúdez...