O COAG de Vigo entrega os premios Grande Área 2003 mentres a Fundación Juana de Vega convoca o seu certame ás mellores vivendas

Casas bonitas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A delegación viguesa do Colexio Oficial de Arquitectos fixo entrega onte dos premios Grande Área 2003, que queren recoñecer o traballo conxunto entre arquitectos e propietarios de vivendas. Sete obras e nove proxectos da zona de Vigo, maioritariamente vivendas, foron seleccionados. Mentres, a Fundación Juana de Vega acaba de convocar o seu premio de arquitectura, co que recoñece a mellor vivenda unifamiliar realizada en ámbito rural. Este premio quere favorecer a creación de casas integradas no seu contorno e loitar contra o feismo urbanístico.

Máis información sobre o premio do COAG na edición de hoxe de Faro de Vigo; sobre o premio da Fundación Juana de Vega no web desta entidade

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Juana de Vega, Fundación Juana de Vega, COAG, Arquitectura...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares