O COAG expón as mellores vivendas non urbanas

Vigo acolle a mostra das construcións premiadas co Juana de Vega

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O COAG expón as mellores vivendas non urbanas

A delegación viguesa do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) inaugura ás sete desta tarde na súa sede a mostra Vivendas destacadas nos premios Juana de Vega de Arquitectura 2004-2008 . O público que se achegue ata a rúa Marqués de Valadares poderá ver os traballos que entre 2004 e 2008 recibiron o premio que convoca a Fundación Juana de Vega e que recoñece as mellores vivendas construídas en áreas non urbanas no noso país. Ademais da exposición, que se mantén ata o vindeiro dous de abril, a sede viguesa dos arquitectos acollerá as xornadas A vivenda e a paisaxe, na que diferentes especialistas analizarán a relación entre estes elementos en Galicia.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Juana de Vega, COAG, Vigo, Paisaxe...