Miguelanxo Prado debuxa un guión do francés Pierre Christin centrado na Costa Atlántica

Prado no mar

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A viaxe iniciática dunha moza escandinava pola Costa Atlántica Europea é o fío argumental do álbum que está a ultimar Miguelanxo Prado sobre un guión do francés Pierre Christin. “Soleil brilant, mer bleue, mare noir” é o título do álbum, que aparecerá publicado en Francia nos vindeiros meses. A marea negra do Prestige tamén estará presente nesta historia, xa que a pesar de se producir despois de estar escrito o guión, Christin decidiu modificar a historia e introducila como un elemento dramático. Prado confía en que a editora española Norma se faga cos dereitos da obra e que se poida ler proximamente no noso país.

Máis información en La Opinión

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, Miguelanxo Prado, Prestige, La Opinión...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares