A baixa alfabetización e o crecemento negativo da poboación entre os peores datos de Galicia no estudo social de La Caixa

Retrato en números

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O anuario social 2004 de La Caixa fai un retrato en cifras da sociedade que mostra, entre outros indicadores, que a taxa de paro en Galicia é superior á española e que as prazas en residencias para anciáns non alcanzan a media estatal a pesares do envellecemento e o crecemento negativo que se aprecia na poboación galega. Con todo, algúns datos semellan aportar boas noticias como o dos índices que colocan á comunidade autónoma nun índice de fracaso matrimonial do 4,7 por cento fronte ao 5,2 de España, ou o do prezo da vivenda 839 euros por metro cadrado en Galicia fronte aos 1403 euros de media española. Desgraciadamente no que ten que ver coa alfabetización o índice galego de analfabetos e sen estudos chega ao 18,4 por cento, moi superior á media española do 15,5.

Máis información en Diario de Pontevedra
e no Anuario Social 2004 de La Caixa

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diario de Pontevedra, Medios de comunicación

Claves

Lugares