A natalidade descendeu no noso país un 0`9 por cento durante o ano 2001

Máis maiores

O Instituto Galego de Estatística acaba de editar o anuario “Galicia en Cifras” correspondente ao 2001. Neste informe sinálase que o descenso da natalidade foi dun 0`9 por cento e que este índice só medrou na provincia de Pontevedra. Ademais, revela que por cada cen persoas con menos de vinte anos hai cento sete que superan os setenta e cinco.

Máis información en
O Correo Galego; en Diario de Pontevedra e no web do Instituto Galego de Estatística