Díaz Pardo pensa na posibilidade de deixar Sargadelos en mans públicas

Cuentión de formas

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Esta fin de semana A Coruña acolleu a celebración dun Congreso sobre Luís Seoane. E para falar do artista estivo o que foi o seu amigo e cofundador do Laboratorio de Formas, Isaac Díaz Pardo. No marco das xornadas o intelectual, segundo publica El Ideal Gallego, admitiu que está a pensar en deixar Sargadelos en mans da Xunta porque "é preferíbel que quede en mans públicas antes que en empresas que non conveñen, en malas mans". Díaz Pardo é o accionista maioritario do grupo e quere preservar deste xeito os obxectivos cos que foi concibida a empresa: recuperar a memoria histórica de Galicia e revitalizala cultural e economicamente.

Máis información en El Ideal Gallego e sobre as xornadas no noso tema

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sargadelos, Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane, Memoria Histórica...