Unha sentenza xudicial impide que a Fundación Sargadelos se faga co control da empresa

Sargadelos en privado

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Audiencia Provincial da Coruña fixo pública onte a sentenza pola que confirma a nulidade da ampliación de capital coa que o Grupo Sargadelos lle quería dar á Fundación do mesmo nome o control da Fábrica de Cerámicas do Castro. Esta é a segunda sentenza neste sentido, despois da que emitira o pasado ano o xulgado de Betanzos. Isaac Díaz Pardo, socio maioritario do grupo continúa as negociacións coa Xunta para pasar a titularidade pública a empresa coa intención de "manter o espírito co que foi creado", xa que considera que este correría perigo de manter o actual sistema de xestión.

Máis información en El Ideal Gallego e no noso tema sobre Sargadelos

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Sargadelos, Isaac Díaz Pardo, Culturagalega, Betanzos