O Consello da Xunta aproba a construcción do Museo da Historia na Cidade da Cultura

Un lugar para a historia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Pouco a pouco vanse aclarando os proxectos que compoñen a Cidade da Cultura, deseñada polo arquitecto norteamericano Peter Eissenman. Ademais da xa coñecida biblioteca, hemeroteca e o teatro da música, o Consello da Xunta aprobou onte a construción do Museo da Historia. Un centro que pretende amosar a historia de Galicia dividida en cinco etapas: os primeiros asentamentos do mundo celta, a Galicia romana, a idade media, a idade moderna e a idade contemporánea. Este museo custará 56.5 millóns de euros e ten un prazo de execución de 48 meses.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Historia de Galicia, Idade Media, Idade Moderna...