A Xunta investirá en seis anos 97 millóns para construír o teatro da música na Cidade da Cultura

Un teatro que ten música

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Xunta aprobou onte o concurso para o contrato de execución das obras do Teatro da Música, outro dos grandes edificios que terá a Cidade da Cultura. A partida aprobada no Consello do xoves asegura que a Administración autonómica investirá nos próximos seis anos (aínda que a Fundación estima que a Cidade da Cultura estará rematada en catro) partidas por importe total de 97 millóns de euros. O teatro da Música contará con dous auditorios: un para grandes montaxes con aforo de 1.500 localidades e un foso para 109 músicos e, outro máis pequeno para programacións habituais e cun aforo de 450 habitantes.

Máis información en La Voz de Galicia, en El Correo Gallego, no consello da Xunta (en pdf) e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
124 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Montaxes, El Correo Gallego, Culturagalega...