Profesores e bibliotecarios de Santiago asisten a un curso de estratexias de animación á lectura

Os formadores formados

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Está a desenvolverse en Santiago un curso de formación continua para profesores e bibliotecarios de Animación á lectura. Segundo informa Europa Press no curso organizado polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello e a Editorial Galaxia os participantes, máis de trinta profesionais da cidade, formaranse como animadores á lectura para contribuír ao desenvolvemento e consolidación do hábito lector nos rapaces. As sesións do curso, que dan a coñecer as estratexias básicas de animación á lectura, teñen lugar os luns e xoves de todo o mes de marzo nos locais da Fundación Granell.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Educación, Editorial Galaxia, Europa...