Un posible guión para Spielberg e un curso de narrativa, novidades do sector

Cinema: Acción!

A historia da expedición que levava a vacina da variola a américa en 1803 é o guión que o coruñés Daniel Domínguez fará chegar a Steven Spielberg coa intención de que rode a historia. Esta xa é a segunda ocasión en que Domínguez tenta que este guión chegue a mans do director americano. Por outra banda, Pontevedra acolle estes días un curso sobre escritura audiovisual. O cinema galego continúa o seu avance.

Unha historia

O guión que Daniel Domínguez presentará a Spielberg acaelle ó director como unha luva, segundo publica hoxe "La Voz de Galicia". Narra a historia dos dez nenos coruñeses que, vacinados variola son levados a América para, co líquido da súa pústulas, vacinar a unha poboación duramente castigada pola enfermidade. Domínguez xa intentara hai tres anos acadar unha subvención para investigar e afondar na historia e presentarlla ó directo americano sen éxito. Agora volta á carga convencido de que Spielberg se interesará por esta historia.


Ensinar a escribir para o cinema

En Galicia, ademais de facer guións, ensínase a escribilos. Onte comezou no Pazo de Cultura de Pontevedra o segundo obradoiro do curso "Técnicas de escrita de guións audiovisuais" que organiza a Universidade de Vigo. O encargado de impartir este obradoiro, centrado na curtametraxe é o escritor, guionista e productor Carlos López Piñeiro. O curso, que xa comezou o 30 de novembro, desenvolverá outros obradoiros ata o vindeiro vintenove de marzo.