Un obradoiro analizará esta fin de semana a situación do patrimonio de Sarria, que organiza a asociación cultural Peleriños. en colaboración co Concello. Por outra banda, a Concellería de Cultura de Vigo organiza o V Seminario de Arte Románico, que se desenvolverá durante todo o mes de marzo.
Sarria
O escritor Lois Diéguez abrirá este sábado o Obradoiro do patrimonio de Sarria, que mediante conferencias e actividades dará a coñecer a historia e o patrimonio monumental da zona. O día nove deste mes realizarase o obradoiro sobre a historia de Sarria "Diego Pazos", no que se incluirá a conferencia "Sarria a traverso dos séculos" a cargo de Xaiem Félix López Arias, cronista oficial da vila. Á semana seguinte desenvolverase un obradoiro sobre a prehistoria na zona, que ompartirá o director do Museo do Castro de Viladonga, que guiará un percorrido polos monumentos prehistóricos e romanos durante o día 18. O día un de abril amosaranse os monumentos do románico, e o vintesete de abril Rosa Vázquez, doutora en Historia da Arte Rosa Vázquez analizará a ruta xacobea en Sarria. O prazo de inscripción estará aberto ata o día tres.
Vigo
O mes de marzo estará protagonizado polo románico en Vigo, tódalas fins de semana o V Seminario de Arte Románico analizará o patrimonio existente deste estilo en Vigo. As xornadas, impartidas polo profesor Francisco Xabier Ocaña Eiroa centraranse nas igrexas de San Salvador de Coruxo, Santiago de Bembrive e Santa María de Santa María de Castrelos. Estas igrexas presentan peculiaridades únicas dentro do románico galego e son as únicas que se conservan intactas en Vigo das quince que chegou a haber durante a Idade Media. Así, a igrexa de Bembrive é das poucas que posúen un ábside poligonal de toda Europa e na de Santa María de Castrelos repítese o motivo decorativo do óculo, moi pouco empregados neste estilo. Dentro do seminario inclúense vistias guiadas ás igrexias o sábado 31 de marzo.