Fran Bueno vai publicar na revista de BD francesa “Lanfeust” (ed.Soleil) unha historia de cinco páxinas titulada “Sales coups sour Strombo” escrita polo guionista Pierre Veys. Ademais, o debuxante compostelán está comezando a traballar nunha serie para o selo norteamericano Image, en concreto na serie “Noble Causes” que guioniza Jay Faerber. Ubicada dentro do subselo Image Central, a colección de Faerber xira arredor dunha familia de super-héroes famosos. Desde xaneiro Planeta-De Agostini edita a serie limitada homónima, composta por nove números (Faerber/Gleason). Agora publicarase un especial de 80 páxinas das que Fran Bueno debuxa 22. Despois, encargarase da serie regular, que será aberta. Polo tanto, o artista galego traballará nela en canto as vendas a manteñan nas bancas das librarÃas. Desde aquà desexámoslle a mellor das sortes.
Máis información no web de Faerber; sobre a actual miniserie; podes tamén consultar a páxina oficial de Soleil e ler a nosa ficha ampliada de Fran Bueno
Máis información no web de Faerber; sobre a actual miniserie; podes tamén consultar a páxina oficial de Soleil e ler a nosa ficha ampliada de Fran Bueno