A Consellaría de Medio Ambiente publicará "Odisea Medioambiental" de Fran Bueno

Cambio BDClimático

19/3/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
"Odisea Medioambiental", é a obra de doce páxinas que Fran Bueno está a ultimar para a Consellaría de Medio Ambiente. A obra, que retrata os efectos do cambio climático no país e mais no resto do mundo, ambiéntase no futuro e irá anexa a unha unidade didáctica que se distribuirá por bibliotecas e centros de ensino. O proxecto, incluído dentro do programa Climántica, verá a luz posiblemente de cara ao verán e está previsto que teña continuidade noutras tantas unidades didácticas que levarán cadansúa BD.

Máis información no web de Climántica e na ficha de Fran Bueno

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fran Bueno, Consellaría de Medio Ambiente, Bibliotecas, Culturagalega...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares