Fran Bueno deixa "Noble Causes" e prepara, entre outros proxectos, unha nova serie para Image

Abandono por causas nobres

23/2/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O extenuante ritmo de traballo que lle supuña debuxar e colorear cada mes un número está detrás da decisión de Fran Bueno de abandonar "Noble Causes", a serie que estaba realizando para a editora americana Image. "Acumulara un certo retraso e quería poder facer algo con máis calma e máis persoal", sinala o autor. O número 18 da serie, que se publicará en Estados Unidos o vindeiro mes de abril, será o último que contará co autor galego nos lapis. A serie continuará logo cun novo debuxante. Sen embargo, Bueno non queda ocioso. Con Jay Faerber, guionista de "Noble Causes", agarda iniciar xuño unha serie limitada para a mesma editora na que tamén é responsable do deseño de personaxes e da cor para a que agarda traballar con máis calma. Ata entón, quere finalizar o álbum de "Os Escachapedras" que, con guión de Marilar Aleixandre, iniciara nas páxinas da revista "Golfiño".

Máis información na nosa ficha do autor

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fran Bueno, Marilar Aleixandre, Guión, Golfiño...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares