O CGAC estrea a primeira mostra preparada para o Xacobeo cunha exposición sobre Compostela

De dez a vinte

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Dez artistas reflexionarán no CGAC sobre o espazo de Compostela. É a primeira das tres mostras que o Centro de Arte Contemporánea prepara para este ano Xacobeo. A exposición, titulada "Compostela" abrirá as súas portas o día 5 de marzo. E vinte son os anos que celebra o Centro Cultural Caixanova en Vigo o vindeiro 26 de febreiro. Unha data que a entidade financeira festexará cunha mostra con obras de artigas galegos e mozos creadores entre os que destacan nomes como Jorge Castillo, Leiro, Silverio Rivas, Barbi, Murado ou Casas.

Máis información sobre a exposición do CGAC en La Voz de Galicia e sobre o vinte aniversario de Caixanova en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jorge Castillo, Ano Xacobeo, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe...