As galerías galegas volven de ARCO contentas polo número de ventas realizadas

Pechando o Arco

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A XXIII edición de ARCO pechaba onte as súas portas en Madrid. Comezaban os traballos de recollida e de reconto das vendas realizadas e no que as galerías galegas estaban moi satisfeitas polo número de vendas conseguidas entre as súas propostas. E non só iso, segundo sinalaba Inés Ramiro, directora de Ad Hoc, ao xornal Faro de Vigo "unha das mayores satisfaccións deste ano, foi o contacto conseguido con novos coleccionistas". E non a vender, senón a mercar foi o Centro Galego de Arte Contemporánea, que mercou obras na feira e en todas as galerías galegas, por importe de 130.000 euros. E hai máis contas, as que fixo a organización da feira, que tivo 200.000 visitantes e que xa prepara a próxima edición na que o país convidado será México.

Máis información no Faro de Vigo e no noso evento sobre Arco

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ARCO, Feira, Faro de Vigo, Culturagalega...