Os documentais son os protagonistas das presentacións de hoxe

Illas e laboratorios

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

Estes días os documentais son os protagonistas nas estreas. Por unha banda temos unha recuperación dun documento sobre o traballo nos laboratorios de Zeltia nos anos cincuenta. E polo outro, o segundo documental ofrece unha reconstrución dos presos na illa de San Simón durante a Guera Civil.

Recuperación


Co gallo do décimo aniversario do Centro Galego de Artes de Imaxe (CGAI), hoxe ás 20:15 proxectarase o documental "Os laboratorios Zeltia nas súas factorías de Porriño". É o preámbulo da longametraxe "Sen perdón" que se emite dentro do ciclo programado polo aniversario. O documental, é unha producción de 8 minutos de duración datado a mediados dos cincuenta. Elaborado pola empresa Breogán Films, pocesada nos laboratorios Madrid Film e fotografada polo operador do NO-DO en Galicia, Ángel Gutiérres, ilustra todo o proceso de traballo da empresa viguesa. O documental é un dos depósitos que fixeron directivos de Zéneca Farma, actual xerente do Consello da Cultura Galega, Antonio Montero, e diversas personalidades e organismos.



E reconstrucción



E na Fundación Granell, hoxe ás 20:30 da tarde terá lugar a proxección do documental "Aillados " de Antonio Caeiro. Unha mostra de 13 anos de traballo, que reconstrúe a historia de varios presos galegos recluídos no cárcere de San Simón durante a Guerra Civil. O documental, que ten unha duración de 59 minutos, está producido, realizado e e dirixido por Antonio Caeiro. O proxecto gozou tamén da colaboración da Universidade de Santiago.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Documental, Zeltia, Illa de San Simón...