Poucos lugares teñen sobre o seu chan tanta historia coma Illa de San Simón. Desde as primeiras referencias medievais, este enclave no fondo da RÃa de Vigo ten sido, ao longo dos séculos desde un lazareto ata unha prisión ou un centro educativo, monxes, piratas, enfermos e presos únense nun dos lugares máis singulares do paÃs. Continuando a Historia, e logo de anos desocupada, a Illa prepárase para unha nova vida cun plan de rehabilitación que a recupera como espazo para a cultura.
As dúas pequenas illas que están situadas no fondo da RÃa de Vigo, a pouco máis de douscentos metros da costa, unidas por unha ponte e coñecidas respectivamente como San Simón a maior e San Antonio a pequena constitúen un espazo dos máis singulares que existen en Galicia. Desta volta, a singularidade non ven polas súas caracterÃsticas naturais (aÃnda que a enseada na que se encontran contan cunha abondosa riqueza avÃcola) nin polo seu patrimonio arquitectónico, senón pola súa singular historia. O nome de San Simón, aplicado xenericamente ao dous illotes aparece repetidamente nalgúns dos momentos máis destacados da historia do noso paÃs.
Entre historia e lenda
As primeiras novas sobre actividade humana neste espazo son, antes do que historia, lenda. Documentos do século XIX testemuñan a existencia dun convento no lugar que serÃa fundado no século V, do que xa non quedan restos e mesmo se dubida da súa existencia real. Non é ata o século XII que se confirma a existencia dun mosteiro no lugar, erixido nada menos que pola Orde do Temple. A importancia relixiosa do lugar mantÃvose ao longo da Idade Media e a ermida existente na illa quedou inmortalizada nos versos do trobador Mendiño. “SedÃame eu na ermida de san Simón / e cercáronmi as ondas, que grandes son...” Jorge Guitián, que está na actualidade a investigar a historia da illa, explica que “non hai certeza de que fale deste lugar, pero Mendiño era da zona e este é o único San Simón costeiro que existÃa. Ademais está documentada a existencia dunha ermida dedicada a este santo”. De xeito que temos que dar por bo que hai máis de setecentos anos era na illa onde a doncela da cantiga agardaba polo seu amigo.
Monxes e piratas
Para alén da marcha dos Templarios ao desaparecer a orde, ata o século XVI a illa continuou, sen moita novidade, ocupada por ordes relixiosas. A comezos deste século instalouse no lugar durante algúns anos a Orde dos Pascualinos de San Simón, reforma dos franciscanos, que se reintegrarÃa finalmente na casa nai no ano de 1583. Comezou entón unha das épocas máis axitadas para a vida da illa, en contraste coa pacÃfica ocupación monástica dos anteriores anos. En 1589, Francis Drake saquea as illas na mesma incursión en que atacou A Coruña. “É posible que houbese un anterior saqueo en 1585, non se está certo se é un erro de datas”, explica Guitián. Fosen unha ou dúas, o convento foi saqueado e devastado, aÃnda que a el voltaron temporalmente en 1598 os monxes bieitos do Mosterio de Poio durante unha a epidemia de peste. En 1601, os franciscanos voltan ocupar as illas e reconstrúen o convento, que empregan durante un século como centro de noviciado.
Saqueos e eterno retorno
Estando alà os franciscanos, en 1702 encóntranse no medio da batalla de Rande, que transcorreu nesta baÃa. Segundo un texto de Fray Jacobo de Castro, as tropas inglesas desembarcaron na illa, acoitelaron as imaxes de santos e queimaron a igrexa. Unha nova incursión inglesa en 1719, a cargo do Almirante Michells, ameaza outra vez os frades. De novo a inseguridade motivou o abandono da illa ata 1830, cunha posible visita das tropas napoleónicas durante a Guerra de Independencia. Pode chamar a atención a tendencia a que San Simón fose ocupada unha e outra vez. “Era un lugar ben situado. Para as ordes relixiosas estaba próximo ao Mosteiro de Poio, un dos máis importantes. Ademais ofrecÃa un lugar relativamente illado e mesmo, pola documentación que se conserva, semella que era un lugar axeitado para o cultivo de herbas medicinais”, explica Guitián. Como principal inconveniente para a habitabilidade do lugar, estaba a falta de auga, o que obrigaba a ter un amplo depósito para almacenala.
San Simón fixo Vigo
A comezos do século XX, nun intento de parar as epidemias que chegaban desde América, a coroa decide crear un lazareto no que poidan pasar a corentena aqueles viaxeiros que chegan do Novo Mundo. Logo de diferentes disputas sobre o lugar ideal para localizalo, en 1838 concedÃase a orde para crear o segundo lazareto do Estado nas Illas de San Simón. “O outro lazareto estaba situado en Mahón (Menorca). Entón isto supuxo que o porto de Vigo concentrase o tráfico que viña de América e o conseguinte crecemento da cidade”, destaca Guitián. Pola banda negativa, a illa foi tamén un foco de epidemias que afectaron á comarca e a boa parte do paÃs, coma a destacada epidemia de cólera de 1854. E é que semella que os douscentos metros de distancia á costa non foron abondo para illar axeitadamente o lugar, máis cando, durante moito tempo, a roupa dos residentes mandábase a lavar a terra. Neste tempo o lugar converteuse nun destacado centro de investigación médica sobre epidemias.
De enfermos a ricos
“Aos poucos o lugar foise abandonando, sen chegar a pechar definitivamente ata 1927”, sinala o historiador, nos últimos anos funcionaba máis coma un lugar de recreo para persoas adiñeiradas. Como non podÃa ser doutro xeito, visto a tendencia a ocupar este espazo, axiña xurdiron novos proxectos para o lugar. Desde a construcción do primeiro aeródromo para hidroavións do Estado ata un orfanato. Sen embargo, o comezo da Guerra Civil deulle un novo xiro á historia da illa, e os presos polÃticos pasaron a ocupar o lugar que poucos anos antes empregan os máis ricos no seu descanso.
Prisión de San Simón
Esta triste función manterÃa ocupada a illa oito anos, ata 1944, con diferentes grados de represión. Desde un duro primeiro momento con fusilamentos e torturas ata un certo relaxamento posterior que permitiu que se conservasen testemuños desta prisión. “Consérvanse moitas fotografÃas dos presos nas illas ou caricaturas que se facÃan uns aos outros, o cal non é moi habitual nun lugar de máxima seguridade”, explica Guitián. No ano 41 a situación complicouse ao seren trasladados todos os presos anciáns do Estado neste espazo cunha extensión duns catrocentos metros longo por cento cincuenta de ancho. Arredor de dúas mil persoas viviron mal alimentados e nunhas condicións terribles, habendo como é lóxico unha alta taxa mortalidade entre os habitantes. “Téñenme contado que chegaron a durmir cinco persoas nunha cama individual”, explica o historiador.
Residencia e abandono
Noutra curiosa volta do destino, finalizada a etapa de prisión, as Illas pasaron a ser residencia de verán da Garda de Franco. Sen embargo, esta función non durou moito tempo, xa que en agosto de 1950 afogaron as proximidades da illa corenta e tres dos membros deste corpo ao envorcar a embarcación que os trasladaba a Redondela a xogar un partido de fútbol. Clausurada esta residencia, acolleu aÃnda durante cinco ou seis anos un colexio para orfos de mariñeiros, e foi abandonada definitivamente cara nos sesenta. Desde aquela, de novo, foron sucedéndose os proxectos para o lugar. Portos deportivos, casinos, paradores, centros de formación para acuicultura... Nos anos oitenta, César Portela iniciou o proxecto para elaborar un Centro de Estudos Mariños que non se realizou e que serviu coma base para proxectar pouco despois un Museo do Mar de Galicia, que finalmente se instalou en Vigo.
Un novo comezo
En 1997 a Xunta decidiu declarar Ben de Interese Cultural o conxunto, e de novo se lle encargou a César Portela a elaboración dun proxecto para pór en valor a illa. Desde aquela, e aos poucos, foron sucedéndose os traballos de recuperación e os actos culturais na illa. Desde a presentación do último libro de Vázquez Montalbán á celebración do DÃa das Letras dedicado aos trobadores medievais ou encontros sobre arte, aos poucos os empregos culturais van desembarcando na illa. Na actualidade está a se executar o Plan Director da Illa de San Simón, dependente da ConsellarÃa de Cultura, que prevé restaurar a totalidade dos edificios que se conservan e permitir o seu emprego coma sede de congresos e outras actividades. Dentro do proxecto está prevista a construcción dun centro de documentación que recolla a complexa historia da illa mediante paneis, elementos audiovisuais e unha ampla bibliografÃa. Ademais desta historia, quérese que neste centro se poida encontrar unha ampla información sobre a batalla de Rande, a relación de Xulio Verne coa historia de Vigo ou datos sobre a historia médica de Galicia. AÃnda pendentes de concretar finalmente os seus empregos, nun novo renacer, San Simón continúa a súa navegación nas augas da Historia.