Cinco empresas comercializarán coa imaxe do Pelegrín até o 2007 por 90.000 euros

Xacobeo con menos marca

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Pelegrín cumpre neste Xacobeo 11 anos e cada edición que pasa vende menos. Segundo publica hoxe La Voz de Galicia, a cesión de licenzas para vender 24 produtos promocionais reportará á Xunta 90.000 euros. Lonxe están os 600.000 euros que o goberno se embolsou no 1993 polas firmas que quixeron explotar a imaxe nas camisetas, chaveiros... e todo tipo de recordos naquel ano santo. Ate o 2007 cinco firmas poderán comercializar o seu investimento coa imaxe do Pelegrín e co selo das catro conchas.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Ano Xacobeo

Claves

Entidades
Conceptos