O mozo vigués Cristóbal Vidal volve ao salón Gaudí para presentar unha colección individual

Gaudí viste saias

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Non é a primeira vez que o deseñador vigués Cristóbal Vidal (Vigo, 1975) acude a Gaudí, mais a súa cita de hoxe é máis especial. O ano pasado foi ao salón da moda barcelonés dentro das propostas de novos creadores nunha mostra colectiva e hoxe faino para presentar a súa primeira colección individual cargada de algodón branco e lá negra, cun estudo de saias para home, outros sobre camisaría clásica branca, chaquetas e abrigos xastre. Cristóbal formouse na Academia Goymar e estudou na Escola de Artes e Técnicas da Moda de Barcelona e no birtánico Wínchester School of Art. e no 2001 recibiu o certame "Tesoira 2001"

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Barcelona, Vigo

Claves

Entidades
Lugares