Toypes e D´ aquela levan as súas innovacións téxtiles á Pasarela Gaudí

Flores+Flores

A outra das citas coa moda do verán que ven xa comezou. Onte tivo lugar en Village Gaudí o inicio dunha nova edición da pasarela Gaudí. Durante tres días 24 deseñadores, 800 invitados e as 40.000 persoas, as que se estima que acudan ó certame verán as propostas para vestir á muller da primaveira verán 2001. E no cartel dous galegos: a muller dos oitenta que presenta Toypes e as "acrecencias" con flores naturais de D´aquela.


Innovacións para D´aquela

No programa para mañá mércores na Pasarela Gaudí, figuran os dous representantes galegos:Toypes e D´aquela. As dúas firmas lalinenses aproveitarán a súa presencia na pasarela para ofrecer as propostas que van vestir á muller verán do 2002. A firma lalinense presentará en Barcelona o mesmo tecido que xa fixo público na pasarela Cibeles que acaba de rematar. Trátase das súas "acrescencias", que é un proceso de estampado con flores naturais. Unha innovación que leva por detrás un proceso de traballo entre a empresa e a Universidade de Santiago que analizou os tratamentos do material vexetal e as súas posibilidades de conservación no estampado na tea. O resultado final que se aprecia na confección é unha prenda onde as flores manteñen máis cor, olor e unha mellor textura. Unha técnica novidosa que xa trunfara en Dusseldorf, outras das citas internacionais nas que se presentou.











Muller retro con Toypes


Por outra banda a outra representación galega na pasarela catalana, a de Toypes, presentará unha muller moito máis sinxela, sen alambiques, pero non por iso menos glamourosa.
No día da presentación da moda galega, entre os invitados e o público estará Manuela López Besteiro, a conselleiro de Familia, e Juan Rodríguez Yuste, conselleiro de Industria.












Primeiro día








O primeiro día desta edición da pasarela Gaudí estivo marcada por formas orientais e por vellos coñecidos da pasarela. Unha xornada de inicio que presentou unha roupa formal, que se achegou a un clasicismo sen caer na seriedade. Antonio Miró (que, rompendo coa tónica das últimas edicións, obtivo críticas positivas) que presentou unha colección máis motivada na fomra e no tecido, con chaquetas amplias por dentro, pero simples e austeras por fora. Completou un desfile inaugurado pola actriz Paz Vega a colección de TCN que confirmou a tendencia das liñas retro e a volta ó bañador.