No transcurso do V Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se desenvolve durante toda esta semana, prográmanse obradoiros impartidos por Kiko da Silva e outros debuxantes. Da Silva ensinará ilustración a estudantes de educación secundaria, no marco dos obradoiros para colexios e institutos, que se celebran pola mañá de 10 a 11 horas e de 12 a 13 horas e á tarde de 15 a 16 horas. Será no Pazo da Cultura de Pontevedra entre o luns 2 e o venres 6 de febreiro e precisa de inscrición. O taller de ilustración que Miguelanxo Prado Ãa conducir baixo o tÃtulo “Imaxinario fantástico” foi adiado para unha ocasión posterior. Se se quere contactar coa organización do Salón do Libro pódese chamar ao teléfono 986 852 710, ou escribir a pontevedra@as-pg.com por correo electrónico. Os custos da inscrición son 30 € para o público en xeral, 18 para estudantes e 15 para socios da ASPG.
Máis información no web do Salón
Máis información no web do Salón