A produtora Zénit organiza un foro sobre a adaptación de obras literarias ao cine e á televisión

Historias de don Camilo

27/1/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
A literatura é unha das fontes de procedencia de moitas películas. E cómo converter unha novela nun guión é o obxectivo que se analiza no foro de adaptación literaria, "Historias de don Camilo", que organiza a produtora Zenit Televisión. O evento desenvolverase o xoves no salón de actos do Consello da Cultura Galega (CCG) e céntrase en tres bloques: a presentación de tres películas baseadas en contos de Camilo José Cela; a adaptación literaria a series de televisión e a adaptación como valor de produción. Entre os conferenciantes están os directores e guionistas Mario Camus e Fernando Méndez-Leite e todos os relatorios poderán seguirse en directo no web corporativo do CCG.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Cine, Camilo José Cela, Fernando Méndez...