Bacelos, Ad Hoc e VGO preparan a unha trintena de artista para a cita en ARCO

V-ARCO

Falta menos dun mes para que a Feira de Arte Contemporánea (ARCO) abra as súas portas. E as galerías viguesas están preparando xa a súa presenza na feira máis importante do ano. Da man de Ad Hoc acudirán Xoan Anleo, Suso Fandiño, Arturo Fuentes, José Antonio Hernández Díez, Ana Cristina Leite, Armando Mariño, Guillermo Paneque, Juan Carlos Román, María Ruido e Peter Schuyff. Por parte de Bacelos irán Chema Madoz, Ana Teresa Ortega, Andrés Pinal, Manuel Vilariño, Pablo Genovés, Juan Carlos Meana, Diego Santomé, Chús García e Chema Alvargonzález. E, por último VGO (que estará presente coa galería santiaguesa SCQ) levará a Menchu Lamas, Din Matamoro, José Pedro Croft, Pedro Calapez, Susana Solano, Mónica Alonso, Almudena Fernández Fariña, Carlos Rial e Tatiana Medal. O mercado da arte desenvolverase en Madrid do 12 ao 16 de febreiro.



Máis información na edición de hoxe de Atlántico Diario.