A congregación de Salesas Reais de Teis venden o seu convento, obra de Antonio Palacios

Palacios en venda

O convento das Salesas Reais de Teis, en Vigo, sairá á venda en breve, segundo anuncia hoxe “Atlántico Diario”. Este edificio, catalogado coma ben a conservar, é unha obra inacabada que deseñou en 1942 o arquitecto porriñés Antonio Palacios. Isto implica que non se poderá modificar nin a estrutura nin a fachada do inmoble. A orde das Salesas Reais sinalou que abandonan este edificio polo escaso número de relixiosas, arredor dunha ducia, que habitan nel na actualidade.

Máis información na edición de hoxe de Atlántico Diario