Fotografía, música e concertos centran as programacións culturais para este trimestre

Programando os programas

15/1/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Comeza o ano e con el as programacións culturais dos museos, entidades financieiras e concellos. Por unha banda, os museos vigueses o MARCO e o Museo do Mar acaban de facer públicas as súas programacións culturais para este ano. O primeiro trimestre do MARCO estará dedicado á fotografía, para o que se pretende amosar a colección fotográfica do concello. E o Museo do Mar amosará catro exposicións temporais, nas que Braken, o calamar xigante, será o protagonista. Unhas mostras que darán paso á inauguración da colección permanente a finais de ano. E xa na Coruña, o alcalde e o director xeral de Caixanova acaban de asinar un convenio de colaboración para traer á cidade unha coidada oferta de teatro, música e danza que encherá o aforo do teatro Rosalía de Castro até o mes de xullo.

Máis información sobre o MARCO na nosa hemeroteca, sobre a programación no Faro de Vigo; sobre o Museo do Mar na nosa hemeroteca e sobre a programación na edición de hoxe de Atlántico Diario; e sobre a programación cultural de Caixanova na Coruña en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito