Olegario Sotelo Blanco deixa a dirección do Centro Galego de Barcelona despois de cinco anos

Centro sen Sotelo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Centro Galego de Barcelona mudará de presidente o vindeiro día vinte e catro. Olegario Sotelo Blanco, que ocupaba este cargo desde hai cinco anos, renunciará este día ao seu cargo e abrirase un proceso electoral para escoller o seu substituto. Precisamente a necesidade de anovar esta institución é o argumento apuntado polo actual presidente para abandonar o cargo. Na carta aos socios na que comunica a súa decisión vai balance da traxectoria do centro e lamenta a escasa participación dos socios nas actividades organizadas.

Máis información en Vieiros

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Galego de Barcelona, Sotelo Blanco, Vieiros