Olegario Sotelo trasladarase a Galicia para volver dirixir a editorial que creou hai vintecinco anos

Novidades en Sotelo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Dúas importantes novidades veñen de anunciarse ao respecto do 25 aniversario da editorial Sotelo Blanco. O fundador e propietario da empresa, o empresario afincado en Barcelona Olegario Sotelo, anunciou a súa intención de trasladarse a Santiago e dirixir persoalmente a editorial, que ata o de agora dirixía a súa sobriña Fabiola Sotelo. Para celebrar estas vodas de prata da editorial anunciouse tamén a publicación dun libro que inclúe a opinión de 25 persoeiros do mundo da política, a sociedade e a cultura galegas sobre a evolución do país no último cuarto de século. Amais realizará no mes de abril un ciclo de conferencias e actos culturais coa participación de relevantes intelectuais como José Saramago ou Xosé Luís Méndez Ferrín.

Máis información en Vieiros

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Méndez Ferrín, Sotelo Blanco, Barcelona

Claves

Protagonistas
Lugares