O martes 20 inaugúrase unha exposición de Pinto e Chinto

Dez anos de Pinto e Chinto

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O vindeiro martes día 20, ás 20 horas, a Aula de Cultura de Caixa Galicia en Santiago (na rúa Carreira do Conde) acollerá a inauguración da exposición "Dez anos de Pinto e Chinto" e a presentación do último volume da colección Mandaio de Biblos clube de lectores, a novela "Compostellanum" escrita por Ángel de la Cruz, o guionista de "O bosque animado" e "O soño dunha noite de San Xoán". Pinto e Chinto, que estarán presentes na apertura da exposición, son os humoristas gráficos David Pintor e Carlos López, creadores do humor gráfico que diariamente ve a luz nas páxinas de La Voz de Galicia. A mostra permanecerá aberta desde o luns 19 de xaneiro até o 10 de febreiro. A novela de Ángel de la Cruz aborda a figura de Xelmírez con axilidade e humor e os dereitos para a adaptación cinematográfica xa foron adquiridos por Dygra, a compañía de animación para a que traballa o guionista. Os tres autores serán presentados polo crítico Miguel Anxo Fernández e o acto conducido por Tucho Calvo.



Máis sobre O soño dunha noite de San Xoán no noso soportal do audiovisual galego

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chinto, Humor, San Xoán, Tucho Calvo...