O cine é unha fonte de ideas. E agora, produtores e editores volveron a renovar o compromiso iniciado no 2001 de relacionar a literatura galega e o audiovisual. O segundo encontro propiciouno a ConsellarÃa de Cultura, que achegará 30.000 euros para crear un catálogo de 16 obras literarias galegas para a súa adaptación a un produtor audiovisual como longametraxe, serie ou pelÃcula para televisión. As entidades implicadas son, por un lado a Asociación Galega de Editores (AGE) e polo outro a Asociación Galega de Produtores Independentes (AGAPI) e a ConsellarÃa de Cultura. O catálogo inclúe unha sinopse da obra, viabilidade de produción, mercados obxectivos, valor estimado do mercado, posÃbeis socios financeiros e custes dos dereitos de propiedade intelectual.
Consulta a listaxe completa das obras en
La Voz de Galicia e El Correo Gallego e o anterior acordo entre as tres entidades en AVG